www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Fornelos recibirá a 1500 persoas na VIII edición da Festa da Chanfaina
Cultura • 16/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A festa gastronómica quere ser unha exaltación do chourizo e a carne do Suído. O actor e humorista Víctor Fábregas coñecidos polo seu papel de Tucho no show dos Tonechos será o encargado de ler o pregón.


Unhas 1500 persoas achegaranse o vindeiro domingo á Fornelos de Montes a degustar o chourizo e a carne do Suido que se servirá en empanada ou a brasa acompañada de patacas. Prezos  populares nunha festa gastronómica que nacía oito anos atrás e que foi medrando co paso do tempo grazas á calidade do produto, segundo nos explicaba dende a Comisión de Festas Cayetano Caamaño.


Ademais de gastronomía durante todo o domingo haberá música e actuación para animar a xornada a cargo das cantareiras Ardebullo, as populares Mucha e Nucha do programa Luar. O pregón ás doce do mediodía correrá a cargo do actor e humorista Víctor Fábregas, coñecido polo seu papel de Tucho no show dos Tonechos


Durante todo o día os asistentes poderán degustar os pratos baixo unha carpa instalada para a ocasión no recinto de festas e tamén bailar ao ritmo doas tríos Nostalgia e Azabache quen serán os encargados de amenizar a verbena nocturna.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: