www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Máis de 300 pezas na V exposición de modelismo Celta no Multiusos
Cultura • 16/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos da Xunqueira acolle por quinto ano consecutivo unha nova edición da exposición de maquetas que encherá esta sala con máis de trescentas reproduccións a escala.


Maquetas de todo tipo que van dende vehículos variados -coches, barcos, avións, tanques..- escenas bélicas, complexas escenografías a todo detalle ou representacións históricas son algunhas das tantas maquetas que dende esta tarde e ata o domingo se poden ver no multiusos nunha exposición organizada pola Asociación de modelismo Celta.


As pezas iranse recibindo na xornada de hoxe e a organización encargarase de distribuílas por temáticas  para facilitar aos público o seu visionado: ciencia ficción ou fantasía, vehículos militares, vehículos civís, figuras e escenografías. En total espérase que sexan 150 pezas de exhibición e ao redor de 200 as que participen no concurso. Durante todo o sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas permanecerá aberto ao visitantes así como durante toda a mañá do domingo. Os premios entregaranse ás 16:00 horas do domingo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: