www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O concello asesora aos veciños de Chapela sobre o proxecto de ampliación da AP-9
Institucional • 19/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Durante toda esta semana un técnico de urbanismo do Concello desprazarase ao multiusos do Piñeiral do Crego para asesorar aos veciños da parroquia sobre o proxecto de ampliación da autoestrada AP-9. Todos os que o desexen poden achegarse ao edificio multiusos en horario de 12:00 a 14:00 horas.


Dende o departamento de urbanismo están ademais a traballar nas alegacións que dende o concello se presentarán ao proxecto de Fomento.


Unha das demandas do goberno local será reclamar que se inclúa o Colexio Igrexa entre as expropiacións xa que o centro educativo atópase practicamente pegado á autoestrada e a construcción dun carril a maiores agravará esta situación.


O titular do departamento de urbanismo, Emilio González Iglesias solicitará tamén tanto á administración autonómica como central que se comprometan por escrito a que a construcción dos carrís adicionais se realicen unicamente no área de reserva que marca o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Chapela.


Dende o concello manteñen con todo a súa oposición ao proxecto por entender que non solucionará os problemas de tráfico  e insisten en que a alternativa á saturación da Ponte de Rande é "a construcción da autovía A-59".

Comentarios
Veciña
Luns 19 de Xullo de 2010 ás 20:26 horas
¿E quen é ese técnico do Concello? ¿Non será un dos que ten máis intereses urbanísticos e especulativos en Chapela que merca terreos a trevés de testaferros e pechalle os acmiños aos veciños?
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Luns 19 de Xullo de 2010 ás 20:15 horas
Pero queredes leer facer o favor de ler o estudio da A-59 dodne se recoñece que a A-59 non vai a solucionar a saturación de Rande? Ou Emilio González é maís listo que os técnicos ou debe ser que unha mentira repetida mil veces . . . . !
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: