www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Calidade e rivalidade na segunda fase do Mundialito da Xunqueira
Deporte • 20/07/2010
Autor: Ana Prieto

Desde esta tarde e ata o luns 26 de xullo un total de 16 equipos disputan a segunda fase do torneo de fútbol sala que se xoga na pista da Xunqueira. Con moita presenza de afeccionados, a primeira fase transcorreu sen incidencias nun campionato que se converteu xa nun verdadeiro escaparate para os xogadores de fútbol sala.


Cun total de 16 formacións, arranca esta tarde a segunda fase do Mundialito da Xunqueira. Clasificáronse os catro mellores equipos de cada grupo, dun total de 26 conxuntos. Irremediablemente 10 quedaron xa fóra da competición, pero "non houbo demasiadas sorpresas", e os finalistas entraban en todas as quinielas, segundo explicaba Juan Manuel Nogueira, un dos organizadores. Desde esta tarde e ata o próximo luns día 26 disputarse esta fase, que hoxe se estrea cos partidos entre Agrocar-As túas cores, ás 20.30 horas; o Talleres Amando-Asesoría Amoedo, ás 21.00; o choque entre os campións do ano pasado Disco Vogue e Royal Picasso, que será ás 21.30; o último partido da xornada será ás 22.00 horas entre Opel Fimauto e Public, no que este último parte como favorito.


Nogueira agarda que esta segunda fase sexa tamén "un éxito de público", igual que os partidos clasificatorios. Na primeira fase destacou non só a presencia de afeccionados, familiares e xogadores, senón ata de "observadores" doutros clubs galegos, que se achegaron a Redondela "para ver se podían fichar a algún xogador". Unha boa nova para este campionato que conta con 36 anos de historia, e que se converte así nun "escaparate" do fútbol sala galego, segundo Juan Manuel Nogueira, aínda que intúe que esta situación débese tamén en parte "á crise económica" que atravesan moitos clubs.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: