www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Abril de 2019

Nace "Souto Pequeno", un festival de cine e música infantil
Cultura • 6/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unha proposta do Concello de Soutomaior detrás da cal atopamos a Fernando Carreira "Cuchi" e Miguel Borines, que se embarcan na organización deste festival Souto Pequeno que se vai desenvolver na última semana de marzo. Concertos, obradoiros, cine de animación e incluso verbenas é o que propoñen nun programa que busca converter este concello nun referente no calendario de programas infantís.

 


O Multiúsos de Arcade e o peirao da localidade son os dous escenarios elixidos para acoller a programación do I Festival de cine e música infantil "Souto pequeno". Un programa no que ademais das películas de animación, que serán a súa sinal de identidade, haberá concertos e moita música. Así, está xa pechado o 1 encontro de homes orquestras con propostas chegadas de Italia, Portugal, Arxentina e España, pero tamén concertos de grupos como Uxía Lambona e a Banda Molona e obradoiros nos que os participantes aprenderán a elaborar os seus propios instrumentos ou realizar unha película de animación coa técnica da "stop mocion".


As películas, que deberán ser aínda seleccionadas entre as recibidas ao concurso, proxectaranse no Multiúsos e os pequenos exercerán de xurado, xa que cos seu votos decidirán que cinta leva o premio do público dotado con 800 euros.


Fernando Carreira Cuchi salienta o apoio e compromiso que en todo momento atopou nos responsables municipais á hora de poñer en marcha un festival que nace con vocación de continuidade e que supón unha aposta moi forte por parte deste municipio na programación infantil.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: