www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Xullo de 2019

Denuncias polos cheiros procedentes de Aucosa
Política • 7/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG vén de solicitar información sobre os fedores procedentes da empresa Aucosa logo de que durante unha semana do mes de xaneiro, veciños das parroquias de Trasmañó e Chapela lles trasladaran as súas queixas polos intensos cheiros procedentes desta empresa productora de fariñas a partires de sobras de peixe, ubicada na beiramar de Cabanas.


O voceiro do bloque, Xoán Carlos González asegura que as queixas de veciños e veciñas referíanse a varios días nos que mesmo se viron impedidos a abrir as fiestras motivo polo que xa lle trasladou ao alcalde o pasado 28 de xaneiro unha pregunta ao respecto sen que ata o de agora teñan recibido resposta.


No escrito demandan información sobre as actuación desenvolvidas dende o concello ante esta situación e se se teñen iniciado algún tipo de expedientes co fin de coñecer se a empresa incumpre algún tipo de normativa.


Lembra o edil do BNG que ao desenvolver Aucosa unha actividade na Rede Natura 2000 debería estar sometida a un control e seguimento exhaustivo tamén para evitar as molestias aos veciños e critica que "o consello de administración da Autoridade Portuaria, no que Javier Bas participa como alcalde de Redondela, acaba de prorrogar a actividade ata o 2029, malia que existen sentenzas que poñen en dúbida a súa actividade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: