www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Xullo de 2019

A Asociación contra o cancro amosa en Redondela a exposición itinerante "Achégate a miña realidade"
Sociedade • 7/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os soportais do concello acollerán este sábado a exposición "Achégate a miña realidade" unha mostra que recolle as emocións e situacións da xente que vive con cáncer. O obxectivo é incidir no impacto emocional que deriva dun diagnóstico de cancro, tanto para o enfermo como para a xente que o rodea. A presidenta da asociación en Redondela, Amparo Alonso anima aos veciños a visitar a exposición o sábado de 11:00 a 14:00 horas e a todos os que se vexan afectados pola enfermidade, directa o indirectamente, a acudir as súas oficinas no Multiúsos da Xunqueira.


Dende hai meses a nova directiva da Asociación en Redondela está a traballar de cara a ofrecer aos posibles usuarios unha mellor atención, centrada principalmente a atención psicolóxica que é o que máis demandan tanto os enfermos como os seus familiares. "Ánte un diagnóstico de cáncer tanto o paciente como o seu entorno vese afectado" explica Amparo Alonso, "por ese motivo temos unha psicóloga que atende a aqueles que así o precisan e confiamos en ampliar esta atención coa posta en marcha de terapias de grupo que facilitarán aos enfermos contar cun espazo no que poder falar libremente". Un servizo que prevén se poña en marcha no mes de marzo.


Teñen tamén a disposición dos usuarios o asesoramento dun traballador social, máis enfocado a dar resposta a demandas de tipo económico ou facilitar a xestión de diferentes recursos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: