www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Xullo de 2019

A presentación do libro sobre a folga feminista do 8M enche o Convento de Vilavella
Cultura • 8/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Convento de Vilavella de Redondela encheuse no acto de presentación do libro "Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo", impulsado pola Deputación de Pontevedra e editado por Galaxia. Un acto celebra nese espazo logo de que dende o Concello se negase o uso dunha das salas do Multiúsos.


A presentación contou coa presenza da presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada da coordinadora do libro, a escritora Inma López Silva, e cinco das súas autoras: a xornalista Susana Pedreira, a fotógrafa e profesora Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a matrona Susana Iglesias e a estudante Sandra Núñez, que achegaron as súas experiencias vividas durante a folga feminista. Proxectouse o vídeo "Culpables", coas imaxes de mulleres dos cinco continentes que, coas súas mobilizacións, converteron o día 8 de marzo de 2018 nunha data histórica.


"Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo", que xa vai pola segunda edición, está escrita por oito mulleres que traballan en diferentes sectores: xornalismo, literatura, sanidade, fotografía ou librería. Todas elas, pese á súa diferente dedicación, plasman unha visión similar sobre a folga es mobilizacións do 8 de marzo e as súas vivencias como mulleres, reivindicando a necesidade de loitar contra o machismo e construír unha sociedade máis igualitaria e xusta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: