www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019

Poesía galega no comercio local para celebrar o San Valentín
Institucional • 8/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ducias de establecemento decoran os seus escaparates con poesía en galego. A campaña posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela e que conta coa colaboración do servizo de Normalización Lingüística, distribuirá 200 exemplares de corazóns troquelados de gran tamaño con distintos versos de poetas galegos que teñen como temática central o amor nas súas distintas manifestacións e mais de un millar de corazóns decorativos noutros tamaños máis pequenos.


Para a escolla dos poemas contouse coa colaboración, na súa maioría, de escritores vivos, algúns novos e outros xa consagrados (Gonzalo Hermo, María do Cebreiro, Silvia Penas...), que se combinan con outros autores clásicos da literatura galega (Cunqueiro, Pimentel, Celso Emilio Ferreiro...).


Unha alfombra vermella en forma de corazón marca a entrada dos establecementos que participan nesta iniciativa na que o pequeno comercio quere seguir marcando un estilo diferente. Ademais farase unha campaña nas redes que contará coa participación directa dalgúns dos autores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: