www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Os cativos aprenderán a cociñar con Elena Argüello
Sociedade • 28/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade, orientada a rapaces de idades de entre 4 e 12 anos, desenvolverase no Multiusos da Xunqueira na segunda semana de agosto


A Concellería de Servizos Sociais e igualdade organiza unha xornadas de cociña coa infancia orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 os 12 anos. A actividade estará impartida pola cociñeira profesional Elena Argúello e ten como obxectivo iniciar aos rapaces nos bos hábitos da alimentación, con receitas sinxelas e saudables, así como fomentar a igualdade entre nenos e nenas e a importancia de compartir as tarefas do fogar.


As xornadas desenvolveranse os días 10, 11 e 12 de agosto para os rapaces que teñan entre 8 e 12 anos. O xoves 13 de agosto tomarán o relevo os cativos de entre 4 e 8 anos.


Para participar da actividade é preciso realizar unha inscrición previa chamando ao teléfono 986 40 26 08 ou ben acudindo ás oficinas da Concellería na rúa Isidoro Queimaliños


O horario será de 10 a 12 do mediodía no Multiusos da Xunqueira.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: