www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020

Os "trogloditas" de Tanxarina invaden a Alameda
Cultura • 23/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A veterana compañía redondelá presenta o seu novo espectáculo con pases hoxe e mañá ás 20:30, 21:30 e 22:30 horas. Unha nova montaxe baixo a dirección de Evaristo Calvo e coa sempre sorprendente escenografía de Pablo "O pastor" que nos convida a achegarnos á prehistoria


A compañía Tanxarina representará no XI Festival Internacional de Artístas de Rúa de Redondela  o seu novo espectáculo, 'Trogloditas', cunha singular posta en escena, humor en estado puro, monicreques de vara e moito traballo actoral baixo a dirección de Evaristo Calvo.


En trogloditas os tres integrantes de Tanxarina, Miguel Borines, Eduardo Rodríguez 'Tatán' e Andrés Giráldez, volven compartir escenario cos monicreques, pero nesta ocasión de principio a fin.


Os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe. A música, interpretada en directo con instrumentos 'primitivos' de creación propia, tamén ocupa un lugar destacado na función, dirixida a público familiar a partir de 5 anos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: