www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 28 de Marzo de 2020

Alarma en Soutomaior por un lume forestal preto de tres vivendas
Sucesos • 26/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Na extinción do lume, que afectou a unha superficie dunha hectarea, traballaron efectivos do Grumir de Redondela e dous camións de Medio Rural.


Un incendio forestal ao mediodía e onte no lugar de Comboa en Soutomaior provocou a alarma no vecindario ao producirse a tan só dez metros de tres vivendas. Na extinción do lume participaron efectivos do Grumir de Redondela cunha autobomba e un vehículo de primeira intervención. Sumáronse tamén as labores de extinción dous camións de Medio rural, dous helicópteros e outras tanta cuadrillas do Seaga. Nas tarefas que se prolongaron dende o mediodía ata as tres da tarde, colaboraron tamén os propios veciños da zona e pese á proximidade das vivendas non correron risco por estaren separadas do lume por un camiño. A superficie calcinada foi de aproximadamente unha hectárea.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: