www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Maio de 2019

A ruta do pincho celebrarase en outubro arrastrada pola suspensión do Redondela en curto
Cultura • 12/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os hostaleiros deciden adiar ata o mes de outubro a celebración desta cita gastronómica que nos últimos sete anos víñase celebrando no mes de abril complementando así a oferta de ocio na vila ao coincidir co Festival de Curtametraxes. Sen embargo, a suspensión do evento cinematográfico, logo da dimisión do seu director, leva aos hostaleiros a pospoñer a Ruta do Pincho que se traslada "ao mes de outubro" co obxectivo de "facela coincidir novamente co festival de curtametraxes que tamén este ano cambiará de data" segundo explican dende a Asociación de empresarios.


Un cambio de datas que vén provocado pola suspensión do Redondela en Curto e que segundo explican se organizará no mes de outubro. Co obxectivo de facer coincidir a Ruta do Pincho con ese festival os asociados acordaron trasladar tamén a cita gastronómica.


Os hostaleiros apuntaron como vantaxes das novas datas a oportunidade de poder traballar con outros produtos de temporada de outono así como poder prolongar a tempada estival.


Anúnciase que as novas propostas de actividades para a promoción do sector hostaleiro na primavera terán un carácter único e que suporán unha importante innovación para o sector hostaleiro da localidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: