www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Marzo de 2019

Charlas para pais e nais sobre navegación segura en Internet e uso responsable das redes sociais
Sociedade • 13/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Iván Luis Vázquez, do colexio profesional de enxeñería de Galicia, será o encargado de impartir estas charlas sobre Internet Segura que buscan achegar aos pais e nais información sobre como promover entre os adolescentes un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais. Unha actividade que organizan as Concellería de Ensino e novas Tecnoloxías e que se desenvolverá o xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e o venres a mesma hora no Piñeiral do Crego en Chapela.


Iván Luis Vázquez destaca a importancia da ciberseguridade, a privacidade e o uso seguro das TIC na contorna dos menores, co obxecto de protexer a súa reputación na contorna dixital, e polo tanto, na súa vida cotiá. Insiste en que "os pais ou titores deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, educándoos no uso seguro e positivo da tecnoloxía e actuando como referentes de comportamento dixital". Un acompañamento que debe facerse dende que son cativos, dende que con 6 ou 7 anos xa comezan a achegarse á internet.


Os rapaces non deben usar os móbiles sen supervisión, sobre todo a idades temperás, e deben identificar que contidos non son os axeitados para eles, todo isto grazas ao apoio e indicacións dos seus pais ou titores. "Non se pode poñer portas ao campo, polo que as ferramentas de control parental son pouco efectivas" explica Luis Vázquez "podemos controlar o que ven na nosa rede, pero poderán acceder a calquera páxina conectándose dende outros equipos". Conclúe afirmando que "a mellor prevención é acompañalos dende o seu inicio nas novas tecnoloxías".


Falarase tamén nestas charlas doutras precaucións como instalar un bo antivirus, usar


contrasinais e sistemas de protección seguros ou usar as redes sociais con cabeza tendo coidado co que compartimos nelas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: