www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

O peirao de Arcade acolle este venres o festival “Rock na ría”
Cultura • 28/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

As actuacións comezarán ás 22:00 horas e polo escenario pasarán Os trasnos de Moscoso, Ulf, Dharco e Ennyo. Previamente haberá un concurso de Guitar Hero e singstar


A música volverá soar esta fin de semana en Arcade coa III edición do Festival Rock na ría que organiza o colectivo Pro-son. Sonidos ben diferentes que van dende o Heavy Metal coas bandas ULF de Tui e Ennyio de Arcade, o pop-rock dos coruñeses Dharco e o hip-hop a cargo dos Trasnos De Moscoso.


Ademais dos concertos, que comezarán ás 22:00 horas desenvolveranse outras actividades como un Concurso de Guitar hero e Singstar nas horas previas e haberá unha barra que ofrecerá bebidas a prezos populares.


A organización corre a cargo da Asociación Musico-Cultural Pro-Son, un colectivo que naceu o pasado ano co obxectivo de promocionar a música e a cultura . Dende a súa sede en Alxán ademais de organizar este concerto colaboran tamén co concello en actividades como as escolas de verán coa organización do Obradoiro de Rock onde imparten clases de música aos nenos do municipio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: