www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020

Un obradoiro en Cedeira fomenta entre os cativos o reparto igualitario das tarefas do fogar
Sociedade • 26/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

No obradoiro "Colaboramos por igual" os nenos aprenderán nocións básica de costura e cociña e as nenas realizarán actividades de bricolaxe e pintura. A actividade está organizada pola concellaría de Servizos sociais e Igualdade e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.


O obxectivo do obradoiro, que leva por nome "Colaboramos por igual" é fomentar a educación en igualdade, educar na idea de compartir tarefas e mentalizar a nenas e nenos das súas habilidades e capacidades para desenvolver calquera tarefa no fogar.


O obradoiro está dirixido a rapaces de entre 4 e 12 anos e desenvolverase no Centro Cultural de Cedeira os días 2 ao 6 de agosto en horario de 10:30 a 12:30 da mañá.


Os nenos aprenderán nocións básicas tarefas do fogar, asistirán a un taller de abalorios e costura e aprenderán a elaborar sinxelas receitas de cociña.


Pola súa banda, as nenas realizarán actividades de bricolaxe, pintura e arranxos básicos do fogar.


Os interesados poden incribise no teléfono 986 40 80 43 ou achegarse o propio día de inicio no Centro Cultural, o luns 2 de agosto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: