www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020

O pleno debate un cambio na normativa que permitiría reabrir os locais de copas da rúa Prata
Institucional • 27/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A proposta de urbanismo pasaría por derrogar a actual ordenanza municipal, que só permite conceder permisos de apertura a pubs ubicados en rúas de máis de catro metros de ancho e substituíla pola normativa da Xunta, que rebaixa esta esixencia aos tres metros e medio


Dende a concellería de urbanismo, Emilio González Iglesias asegura que este cambio na normativa permitiría aos propietarios de algún dos bares pechados meses atrás solicitar a licencia de apertura e regularizar así a súa situación.


A modificación, que se debaterá no pleno que se celebra este mércores ás nove da mañá en Redondela, consistiría en derrogar a ordenanza reguladora existente actualmente no concello na que se esixe aos pubs, bares e similares ubicarse en rúas cunha anchura superior aos catro metros. Precisamente esa esixencia de urbanismo impediu a estes locais acceder á licencia de apertura e legalizar a súa situación debido á escasa anchura da rúa Prata que non permitía aos locais cumprir a normativa vixente de seguridade e accesibilidade.


A partir da derrogación entraría en vigor a normativa da Xunta que é moito máis permisiva neste aspecto xa que permite este tipo de establecementos en rúas cun ancho de 3'5 metros.

Comentarios
Defensor do Pobo
Domingo 1 de Agosto de 2010 ás 21:12 horas
O Sr. Alberto ofreceuse ao goberno municipal a mediar e arbitrar o debate entre as partes concello veciños e propietarios dos pubs na busqueda de posibles solucións. O caso é que uinha das partes actuou unilateralmente sen que se coñeza a opinión das outras partes e veremos se a solución satisface a todos. O que si deberías ter claro parroquiano é que o Concello para solucionalo deste xeito o Concello puido daquela solucionar ao problema do mesmo modo que o fixo agora. Porque non o fixo por aquel entón?
un de parroquias
Xoves 29 de Xullo de 2010 ás 18:53 horas
Non era Berto Drayto o que ía atopar a solución?? Onde está este delfín defenestrado por Caixa galicia?
bar a 4 metros
Xoves 29 de Xullo de 2010 ás 14:48 horas
La normativa debiera permitir lo que ya es habitual en Redondela y es que a partir de los 4 metros todo el espacio público se convierte en zona de copas. Que nadie se vaya de Redondela y alcohol gratis para que además vengan de afuera. Que se reediten por lo menos por duplicado todos los festejos como Carnabal de verano Redondela en curto de Verano etc. Que combiertan en discoteca al aire libre la alameda y que fundan la estatua de Castelao y hagan una de Dionisos
Redondelana
Mércores 28 de Xullo de 2010 ás 08:36 horas
Si en Redondela cierran todos los locales la juventud termina cogiendo el coche para salir de fiesta a otro lado. Será cuestión de que el concello proponga otras alternativas que no afecten ni a los vecinos ni a los jóvenes por igual.
María
Martes 27 de Xullo de 2010 ás 19:28 horas
Tratase dunha iniciativa particular de un partido político que non acostuma a compartir ca veciñanza as propostas e decisións que coma neste caso poden acarraxar graves perxuizos aos residentes e máis tratandose neste caso particular do concelleiro de Urbanismo. Ulo Participación Cidadá? Porque non consultan a opinión dos residentes e dos colectivos veciñais? Neste concello veñen tomando moita importancia intereses económicos particulares en especial algunha hostelería. Coñecendo aos paxaros da casa consistorial a alguén en particular pretenden beneficiar cando non teñen en conta ao vecindario e cando a medida non vai a regularizar a todos senón a algún. Eu creo que non vou a votar ou votarei nulo pero non preguntedes porqué nin lle botedes a culpa a niguén máis que a vos mesmos aos políticos!.
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: