www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 28 de Marzo de 2020

A Asociación Afectados pola ampliación da AP-9 denéganlle información ao BNG
Institucional • 27/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A directiva do colectivo acordou non trasladarlle ao Bloque a información solicitada sobre o recurso contencioso administrativo que teñen interposto contra o Ministerio porque segundo afirman se lles trasladara dende ese partido que "o contencioso era unha perda de tempo e non ía valer de nada".

 


A Asociación de afectados contra a ampliación da autoestrada "agradecen o apoio recibido por parte dos deputados nacionalistas Olaia Fernández Davila e Henrique Vieitez" con quen se reuniron a pasada semana pero rexeitan trasladarlle ao BNG unha copia da documentación do contencioso administrativo que esta asociación ten interposto contra o Ministerio de medio Ambiente, Rural e Mariño.


Argumentan esa negativa no feito de que nunha reunión mantida co Concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, o edil lles tería dito que "facer o contencioso era unha perda de tempo e non ía valer de nada".


Lembran que elaborar dita documentación custoulles 15.000 euros sen que dende o goberno local se lles proporcionase ningunha axuda económica para afrontar este gasto.

Comentarios
Anuncio Constructora
Xoves 29 de Xullo de 2010 ás 14:55 horas
Empresa Multinacional Constructora ofrece puestos de trabajo comodos y bien remunerados para familiares simpatizantes y afiliados y financiación secreta a partidos políticos e representantes políticos que beneficien a nuestro banco y empresa a través de la consesión de un gran volumen de obra pública con grandes presupuestos revisables al alza por un mínimo del quintuple de su valor real.
Xa veñen as eleccións!
Mércores 28 de Xullo de 2010 ás 13:38 horas
Idevos dando conta do que se trata o do Area Metropolitana é decir os intereses do núcleo da Area neste caso Vigo sempre están por riba da periferia neste caso o Concello de Soutomaior e Redondela.

O AVE a ampliación da AP-9 a Autovía etc. só poden venderse electoralmente na gran urbe electoral de Vigo e non así nos concellos afectados. O que esta facendo BNG e PSOE é buscar o maior número de votos a pesar de que esto supoña sacrificar o seu electorado en Redondela e Soutomaior en pro do de Vigo. En Redondela non imos votar a iniciativas promotoras da degradación do noso territorio o desmantelamento dos servizos públicos etc.
AVE Autovía Ampliación .... non no meu nome! Voto Nulo!
Ou non?
Mércores 28 de Xullo de 2010 ás 08:48 horas
Os do BNG hai vo tempo que si que representan ás empresas constructoras ás multinacionais do automóvil etc. deixando de lado ó cidadán de a pé.

Queren vivir como na cidadé e para iso hai que asfaltar e encauzar ríos e potenciar os coches senon Redondela nunca vai ser unha cidade e via quedar sempre nuha \\\"pobre villa\\\". E agora os do BNG son moi chik ou non?
Un de Cabeiro
Mércores 28 de Xullo de 2010 ás 00:25 horas
Ben falado!!
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Martes 27 de Xullo de 2010 ás 19:41 horas
Así mesmo a Asociación de Afectados non comparte co BNG de Redondela que a construcción da A-59 ou da A-57 ou ambas solucionen o problema do embotellamento de Rande como veñen cacareando responsables do PSOE e do BNG de Redondela co único fin de contaminar a opinión pública e dividir aos veciños. En opinión da Asociación de Afeactados pola AP-9 e da Plataforma Cidadá de Redondela contra a autovía A-59 a única solución ao caos de tráfico e tomar iniciativas que redunden na redución da presenza de vehículos nas nosas vías con iniciativas como a potenciación do transporte público tren de cercanías etc. O problema son os coches non os veciños. Supostamente os políticos representan aos veciños non ás multinacionais da automoción ou da construcción e explotación privada de grandes infraesctructuras. Creo!
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: