www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 28 de Marzo de 2020

O PP demanda que a liña do Vitrasa amplíe o seu percorrido ata a nova rotonda de Rande
Institucional • 28/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A moción, presentada polos populares no pleno celebrado na mañá de hoxe, foi rexeitada cos votos en contra do goberno local por non existir un lugar axeitado para instalar as paradas e porque esa medida entraría en colisión coas empresas que actualmente realizan o trasporte de pasaxeiros de Redondela a Vigo.


A moción presentada polos populares e na que demandaban que a liña circular do C3 que comunica a cidade de Vigo con Chapela ampliase o seu percorrido ata a nova rotonda de Rande na saída da AP-9 non contou co respaldo dos grupos do goberno local.


Dende o PP propúxose solicitar á empresa Vitrasa que a liña que actualmente chega ata o Alto da Encarnación, lugar no que da a volta para dirixirse novamente cara Vigo, ampliase o seu percorrido ata a nova rotonda na saída da autoestrada para facilitar así aos veciños de Cabanas que accedesen a este transporte público.


Dende o BNG argumentábase o seu voto en contra por colidir esta solicitude coas empresas que actualmente realizan o transporte de pasaxeiros entre Vigo e Redondela (autos González e CASTROMIL) e por non existir na nova rotonda nin nas súas inmediacións un lugar axeitado para instalar as paradas do autobús.


Uns argumentos que compartiron no PSOE quen engadiron ademais que non se trata dunha competencia do goberno local, xa que é a Xunta quen controla o servizo de trasporte de pasaxeiros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: