www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

Unha Coca de pedra de gran tamaño decorará a rotonda de Mercadona en Cedeira
Sociedade • 10/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os alumnos do segundo obradoiro de emprego "Vila bela" que se está a impartir no pazo de Pousadouro en Redondela están xa a traballar no que se será un dos seus proxectos de cara as vindeiras semanas: a talla dunha gran Coca en pedra que se colocará na rotonda da N-552 á altura da parroquia de Cedeira. Un alumnado da especialidade de cantería que remataba recentemente outra talla en pedra, a imaxe dun peregrino de 600 kilos que se vai colocar na área de descanso de Quintela.


Os alumnos que se están a formar na especialidade de Cantería e colocación de pedra natural traballan actualmente na talla dun dragón de gran tamaño co obxecto de construir unha Coca que se colocará na rotonda de Cedeira. Un elemento ornamental que se ven engadir a outras imaxes tamén en pedra que dende hai meses adornan outras zonas da vila, como o berete na rotonda de acceso á autoestrada en Chapela na Avenida de Vigo ou a rotonda de Reboreda que conta cunha roda de muiño.


Estes días están ademais a traballar conxuntamente o alumnado da especialidade de xardinería e o de cantería para colocar a escultura do peregrino que tallaron previamente e que se instalará na área de descanso de Quintela.


En total son vinte persoas desempregadas as que están a participar nesta segunda edición do Redondela Vila Bela, un taller financiado pola Administración autonómica con 290.000 euros no que se formarán en colocación de pedra natural e no eido forestal e de xardinería. Entre as propostas, figuran a colocación de pedra natural e obras de artesanía e restauración de mobiliario ornamental e o roce e mantemento de espazos de espazos naturais así como cultivo ecolóxico na finca do Pazo Pousadouro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: