www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Xuño de 2019

Redondela atrévese co documental "La Monarquía, un negocio rentable"
Política • 11/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Colectivo Republicano de Redondela proxecta este venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura "La Monarquía, un negocio rentable" un documental elaborado para a ETB no que se fala das contas ocultas da familia real e da súa relación coa familia real de Arabia Saudí así como dos supostos negocios do rei emérito no pais árabe. Unha actividade enmarcada dentro da programación que organizan co gallo da conmemoración da II República e que continuará na tarde do sábado cunha ofrenda floral no Cemiterio dos Eidos e unha festa popular na Discotasca.


Contas ocultas en Suiza, cobro de comisión sospeitosas, amigos interesados... destes e doutros asuntos fálase no documental da ETB "La monarquía, un regocio rentable" , unha película que non se puido ver en ningunha cadea televisiva agás a do Pais Vasco. Unha investigación polémica na que se fala dos intereses que se ocultan tras a familia real e que si se proxectará na Casa da Cultura este venres ás 20:00 horas.


Un acto enmarcado na programación do Colectivo Republicano co gallo da conmemoración da II República que continuará o sábado ás 17:00 horas cunha ofrenda floral e lectura do manifesto na foxa común dos Eidos. A continuación na Praza da República celebrará un acto de recoñecemento do socios e amigos do colectivo. Rematará o programa cunha festa popular na Discotasca ás 20:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: