www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

As bibliotecas reivindican unha lectura tranquila e "sen barullo" na gala do seu 50 aniversario
Cultura • 15/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unha celebración dos seus 50 anos de vida que se pechaba cunha gala na que, ademais de recoñecer entidades, asociacións e usuarios que durante estes anos formaron parte destas bibliotecas, lembraron temen a necesidade de seguir traballando para adaptarse aos novos formatos e continuar na promoción "dunha lectura reflexiva, tranquila e afastada do barullo que provocan as novas tecnoloxías".


Pechaba a biblioteca de Redondela as súas conmemoracións en torno ao seu 50 aniversario cunha gala que quixo ser un recoñecemento a entidades e usuarios que durante estes anos estiveron apoiando este servizo con palabras tamén de recoñecemento á intensa colaboración coa Radio Municipal.


Durante a gala celebrada no Multiúsos e que contou coa música da Gingros Big Band do Conservatorio entregáronse recoñecementos aos medios de comunicación, á Fundación Filomena Rivero e a José Migueles creador da mascota Leolo. Fíxose entrega tamén deste recoñecemento ás Asociación Amigos das Bibliotecas e asociación Cultural e social de Chapela. Recoñeceuse ademais a importancia da Asociación de Veciños de Chapela por impulsar a creación dunha sala de lectura nesa parroquia.


Alvaros Bastos Crespo, un dos socios máis antigos da biblioteca logo de facerse co carné no ano 1968, recibiu tamén un recoñecemento que quixo ser un agradecemento xeral a todos eses socios que durante este 50 anos fixeron e fan uso dos diferentes servizo que ofrece esta biblioteca.


Durante o acto interviñeron o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, o alcalde, Javier Bas, a concelleira de Cultura Teresa París e a directora das bibliotecas, Mª Elena Becerra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: