www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Andaina inicia o seu festival de curtametraxes con cinco películas de animación infantil
Cultura • 22/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Arranca hoxe luns a VII edición do Festival internacional de Curtametraxes e diversidade funcional que organiza a asociación Andaina e faino cunha sesión orientada aos máis pequenos. Cine de animación infantil con cinco títulos que se poderán ver ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. Unha vez rematado o pase, os asistentes terán a posibilidade de asistir a unha visita guiada polas obras de Arte Lixo.


"El regalo", "Ian", "Cazatalentos", "Pip" e "Cuerdas" son as cinco curtametraxes de animación que se proxectarán a partir das sete da tarde no Multiúsos da Xunquiera, Unha sesión orientada ao público infantil que supón o pistoletazo de saída dun festival adicado ao cine en pequeno formato no que se inclúe a proxección dun total de 15 películas.


As proxeccións desenvolveranse no Multiúsos da Xunqueira entre os días 22 e 27 de abril e inclúese ademais nesta edición a premiada película de Javier Freser, Campeones que se proxectará o venres 26 ás 20:00 horas. A programación escolar contará coa presenza de 1200 alumnos.


O presidente da Asociación de persoas con necesidades especiais Andaina, Antonio García, salientaba na presentación do festival a enorme participación acadada nesta edición "recibíronse 100 curtametraxes procedentes de 12 países de todo o mundo, o que fixo moi difícil seleccionar as 10 que van competir na sección oficial polo 500 euros do premio que se lle concederá a aquela película que reciba máis votos do p´bulico". Un festival que se fai maior e que por primeira vez se organiza de xeito independente, xa que nacera no anos 2012 ao abeiro do recentemente desaparecido Redondela en curto.


O festival está integrando por dúas seccións ben diferenciadas, a oficial e a escolar. Na primeira se proxectarán un total de 10 filmes entre os que destacan curtametraxes internacionais como 24H, de Marie-lou Béland (Canadá), ou Desiderio, de David Nazareno (Arxentina). Tamén haberá representación nacional cos filmes A Mitges, Miranda y el mar, Los hombres de verdad no lloran, Robarte una noche e A ciegas. En canto ao audiovisual galego, se visionará a curtametraxes Prexuízos, coa participación de Xuntos-Pontevedra. Todas elas achegan as diferentes discapacidades sensorial, intelectual e física á sociedade, un dos principais obxectivos da realización deste festival, que pretende en primeira instancia sensibilizar e visibilizar a discapacidade e facelo dunha maneira impactante e lúdica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: