www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

UXT denuncia a precariedade laboral do persoal do Concello con 23 vacantes sen cubrir
Sociedade • 23/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A representación sindical do concello acusa ao alcalde, Javier Bas, de falta de vontade para mudar a situación que está a afectar ao cadro de persoal. Aseguran que dende o goberno néganse a cubrir as baixas médicas, os traslados de persoal ou as xubilacións, "o que obriga ao persoal actual a asumir todas as funcións cando se trata dunha plantilla escasa e mal dimensionada para un concello da envergadura de Redondela".


A representación sindical de UXT denuncia o que cualifican de "falta de interese do alcalde ante as reiteradas demandas da situación de precariedade que está a vivir o persoal municipal.


Aseguran que a actitude da alcaldía co persoal "tórnase  cada vez máis difícil" xa que a diminución de traballadores nos diferentes departamentos e a falta de vontade para mudar esta situación, non cubrindo as baixas médicas (moitas de longa duración), os traslados do persoal ou as xubilacións, fan que o persoal actual asuma todas as funcións dunha xa escasa plantilla.


Explican neste sentido que o Concello conta, a  día  de  hoxe, con 159  traballadores "un cadro de persoal mal dimensionado para un concello da envergadura de Redondela. A isto hai que engadir que actualmente hai 23 vacantes (13 traballadores de baixa, 4 traslados a outras administracións e 6 policías xubilados). "Son 23 vacantes que non se cobren, malia telo solicitado dende UXT en cada Mesa de negociación, o que repercute tanto na calidade dos servizos prestados á cidadanía como no propio persoal do concello, xa que teñen que asumir as tarefas propias ea carga de traballo adicional derivada desta situación".


Conclúen afirmando dende o sindicato que "o goberno local ou deixa pasar o tempo facendo oídos xordos ou privatizando algúns servizos malia as protestas do perosal2 e esixen ao alcalde que se tomen medidas de cara a resolver a situación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: