www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

San Simón acolle a presentación do libro "A memoria dun pobo, lembranzas de Cesantes"
Política • 3/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta este sábado o libro A Memoria dun pobo, escrito por Carolina Sertal e que ven completar o proxecto do mesmo nome e que tivo como primeiro capítulo un documental. O libro recolle de forma escrita a testemuña oral dos veciños de maior idade de Cesantes, que rememoran as súas vivencias persoais e, a través delas, realízase un percorrido pola historia da parroquia. Os tickets-pasaxe para desprazarse a Illa está xa esgotados.


O programa de actos iniciarase ás 15:15 horas cos viaxes ata San Simón en tres quendas. A hora prevista para o comezo da sesión son as 16:45 horas. Un membro do Obradoiro presentará o evento para despois poñer un resumo do documental de uns 25 minutos de duración. A continuación, falará a autora Carolina Sertal e e finalizará a xornada con diversas sorpresas e homenaxes. Ademais, a sesión estará amenizada polo grupo "Airiños do mar de Teis".


O aforo é limitado como todos os actos na Illa de San Simón e o Obradoiro de Estudos locais ten os tickets á venda nos puntos habituais como son o Multiusos da Xunqueira, o Café da Vila, o Círculo Cultural de Cesantes, a farmacia de Cesantes e a lonxa.


A Memoria dun pobo é un dos proxectos de maior complexidade dos realizados ata agora polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. Foi realizado dende 2016 cando se iniciou coas primeiras gravacións de entrevistas persoais para despois pasar a montaxe e a presentación do documental. Non obstante, agora recóllese por escrito estas testemuñas nun libro para pechar un traballo de memoria histórica notable tanto polos relatos dos veciños que alí aparecen como polas fotografías, moitas delas cedidas polos propios protagonistas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: