www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

O BNG critica a "falta de vontade" do PP para trasladar os Servizos Sociais aos baixos de Regojo
Política • 6/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A formación nacionalista protagonizou un acto protesta ás portas do baixo no que está previsto ubicar as oficinas de Servizos Sociais denunciando que "malia existir un anteproxectos que ten orzamentada a obra de acondicionamento dese local de 300 metros cadrados en torno a 200.000 euros" e que nas contas municipais do 2018 se incluíra unha partida para tal fin "o PP tería destinado eses cartos a outras obras de carácter electoralista" na vez de acometer unha actuación que para o BNG é imprescindible.


A falta de accesibilidade das actuais oficinas de servizos sociais na rúa Reveriano Soutullo así como o feito de que se estea atendendo a algúns usuarios na casa do Concello "sen garantir a súa absoluta privacidade" ten sido motivo de disputa permanente entre os grupos da oposición e o grupo de goberno.


Unha presión que se ten agravado nos últimos meses por entender que malia contar o concello cun baixo nos edificios de Regojo no que está previsto instalar as novas oficinas, tanto as obras como o traslado parecen non avanzar.


Pro este motivo, o BNG realizaba este sábado un acto protesta ás portas de dito baixo criticando que o PP non teña realizado dita obra  e sinalando que esta actuación debe ser un dos obxectivos prioritarios para o novo goberno que saia das eleccións municipais do vindeirso 26 de Maiol.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: