www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

O BNG comprométese a recuperar as subvencións ás Comunidades de Augas
Política • 8/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Entenden que o apoio do concello ás entidades que abastecen de auga para consumo humano a máis da metade da poboación de Redondela, constitúe un deber para calquera goberno municipal. Unhas comunidades que quedaron sen a colaboración económica do concello cando Javier Bas chegou á alcaldía, explican dende o Bloque.


Algo máis da metade da poboación do municipio, principalmente residente nas parroquias abastécese de agua para consumo, a través das Traídas e Comunidades de Auga, constituídas entre os anos 70 e 80 entre veciños da parroquia ou dos diferentes barrios aos que a Traída Municipal non garantía o subministro. Tamén constitúen entidades de participación veciñal, que asumen dende a captación dos mananciais, as conducións ás vivendas, o mantemento e o control do consumo da auga.


O edil nacionalista destaca o importante papel que desenvolven as Comunidades de Auga, polo que deben contar co apoio e asesoramento dende a administración local para garantir un servizo nas mellores condicións. Lembra que dende que Javier Bas asumira a alcaldía "estas entidades foron esquecidas e ninguneadas, eliminando a colaboración económica da que gozaban. "Esta situación de abandono por parte dos responsábeis municipais, agravouse nos últimos anos, cando nalgunhas parroquias como Quintela, escaseu o subministro de auga, e dende o concello quedaron de brazos cruzados. Mesmo chegaron a responsabilizar aos propios veciños e veciñas do malgasto da auga", sinala.


Xoán Carlos González, considera prioritario recuperar tanto o asesoramento ás directivas, en diferentes trámites burocráticos, como das axudas económicas, algo que garanten no caso de estaren presentes no goberno que saia das próximas eleccións municipais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: