www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

Cesantes celebra o seu I Rastrexo polos montes da parroquia
Sociedade • 14/05/2019
Autor: Ana Prieto

A agruapción Airiños de San Simón, do C.C.D. de Cesantes organiza o seu primeiro rastrexo, unha proba de 11 quilómetros, cun percorrido circular e que está dirixida a maiores de 12 anos. A participación debe facerse por equipos, de entre 6 e 12 membros. Será o sábado 1 de xuño, e a inscrición estará aberta ata o 25 de maio.


Deporte, natureza, convivencia, retos e moita diversión. Iso é o que promete o I Rastrexo de Cesantes cun percorrido circular de 11 quilómetros polos montes de Cesantes, A Peneda e Soutoxusto, entre outros lugares de interese. Os participantes deberán superar diversas probas de habilidade e enxeño ao longo do camiño para acadar o maior número de puntos posibles. O punto de saída será o C.C.D. Cesantes, a partires das 21.30 horas. Está dirixido a todo tipo de público, xa que se trata dunha proba con "dificultade media" por sendeiros ben habilitados. Jorge Rodríguez, presidente do C.C.D. Cesantes, anima aos veciños a participar coa familia e amigos para gozar dunha velada "diferente e divertida" en plena natureza. Os organizadores destacan que unha das características principais da actividade é o contacto "respetuoso" coa natureza, e por este motivo penalizarán a aqueles equipos que non mateñan unha conducta axeitada. Este I Rastrexo servirá tamén para dar a coñecer lugares de interés da contorna e promocionar a parroquia.


Inscricións


A inscrición ten un prezo de 5 euros por persoa. Ao final da ruta todos os participantes recibirán no CCD Cesantes un bocadillo e unha botella de auga. As instalacións non contan con vestiarios e duchas, pero si con baños a disposición dos equipos. As inscricións están abertas ata o 25 de maio. No caso dos menores, estes deberán ir sempre acompañados dalgún adulto e terán que presentar unha autorización firmada pola nai, pai ou titor legal. Os interesados deben enviar un correo electrónico de preinscrición ao enderezo airinhosdesansimon@outlook.es indicando no asunto "Rastrexo + Nome do equipo" e na mensaxe incluir o número de participantes e un teléfono de contacto. O evento é, xunto coas actividades da noite de San Xoán, unha das iniciativas do grupo Airiños de San Simón a favor do X Festival Folk Illa de San Simón, que se celebrará o 20 de xullo, recuperando o seu escenario orixinal na praia de Cesantes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: