www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Concentración en demanda dunha comisaría de distrito da Policía Nacional para Redondela
Sociedade • 14/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños convocantes reclaman unha comisaría de distrito para Redondela e unha ampliación dos servizos que a policía nacional presta no noso concello. Unha reivindicación que entenden xustas atendendo ao número de habitantes e dispersión demográfica que presenta Redondela. Convocan unha mobilización este martes na praza de Ribadavia ás 20:00 horas.


Unha convocatoria que chega logo de que o pasado xoves o pleno por unanimidade apoiase tamén estas demandas. Os organizadores denuncian tamén o desmantelamento do grupo de seguridade cidadá e as súas dependencias no concello que se producía no inicio deste mes e que, segundo explican, suporá un empeoramento dos servizos ao estaren os efectivos en Vigo polo que a consecuencia inmediata será "un incremento no tempo de resposta ante calquera incidencia e unha merma da atención porque os profesionais que veñan a Redondela non coñecerán as súas realidades".


Engaden que un concello que conta con 30.000 habitantes cumpre os requisitos para ampliar os servizos existentes ata o de agora, motivo polo que animan á cidadanía a secundar esta protesta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: