www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

O Festival de Títeres prepara carpas e espazos alternativos ante o risco de chuvia
Cultura • 14/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Arranca hoxe martes a programación aberta para o público en xeral logo de que onte comezaran os espectáculos para os escolares. Será coa proxección do documental "20 anos ... non é nada" de Cuchi Carreira, e xa a partir das sete da tarde os que así o desexen poderán retirar entradas apra as funcións vindeiras. A programación de rúa arrancará o xoves na praza do concello coa obra "Dondést e Pitón" da compañía salvadoreña Ocelot Teatro ás 19:00 horas.


"Se chove, que chova" explican dende a organización do Festival Internacional de Títeres, para engadir que as actuacións e espectáculos programados para a rúa en ningún caso se van suspender. Para evitalo hai xa cinco carpas que se instalarán nas prazas e espazos que está previsto que alberguen estas representacións e tamén se conta con espazos alternativos para a súa ubicación.


Unha medidas que permitirán que se desenvolvan as máis de medio cento de actividades que se repartirán entre a xornada festiva do venres e a fin de semana. Con todo, a máis madrugadora será xa o xoves con Ocelot Teatro e a obra "Dondésh y Pirón", un espectáculo no que se critica a caza e a pesca indiscriminada e que fará as delicias sobre todos de nenos e nenas que teñan entre 4 e dez anos de idade.


Previamente poderemos gozar xa na sala coa actuación dunha das titiriteiras máis afamadas do mundo, Inés Pasic e a súa obra "Desde el azul" o mércores ás 21:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: