www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

O Balonmán SAR, unha aposta de éxito pola canteira
Deporte • 15/05/2019
Autor: Ana Prieto

Se hai algo que caracteriza ao club redondelán e a súa aposta clara e decidida pola canteira. Desde os equipos da base ata o de División de Honra Prata. Unha filosofía que leva á SAR a apostar "pola xente da casa" en todas as facetas, tanto no cadro de xogadores e xogadoras como no corpo técnico. Os éxitos dos diferentes equipos son froito dese traballo e da implicación de todo o club.


Honra Prata Feminino


O equipo de máxima categoría, a SAR Rodavigo de Honra Prata Feminina, acadou o obxectivo da permanencia, malia un comezo de liga un tanto irregular polas baixas de varias xogadoras. Equipos de categoría superior como o Porriño "pescaron" na canteira da SAR, o que supón tamén "un orgullo para o club". O presidente do club, Aurelio Krook "Lito", explica que tiveron que completar o equipo con xogadoras moi novas da canteira "que van dando relevo ás que marchan" e amósase "moi satisfeito" co traballo do equipo. O adestrador, Elisardo Covelo "Chini" seguirá un ano máis como técnico do equipo, e para el ten tamén o presidente palabras de agradecemento. Salienta o seu "magnífico labor", e afirma que "xa está a traballar no proxecto para a próxima temporada".


Primeira Autonómica


No caso do equipo masculino de Primeira Autonómica, que rematou a liga na terceira posición, "Lito" sinala que se trata dun conxunto "en formación". Son o combinado "máis novo da categoría" e ten "moita capacidade de progresión" nos próximos anos. No club salientan que estiveron a piques de entrar na fase de ascenso, cuns resultados que son "todo un orgullo" para uns xogadores tan novos. O que ata agora fora o seu entrenador, Diego Lorenzo, deixa o club por motivos laborais, e desde o club agredecen a súa "dedicación e esforzo" dos últimos anos. A próxima temporada serán outros dous "homes da casa" os que se fagan cargo do equipo: Pablo "Groucho" e "Manolón". Na directiva son así fieis á súa filosofía de apostar sempre "por xente do club".


Actividades complementarias


No club siguen apostando tamén pola formación dos seus adestradores, e as actividades complementarias para os equipos da base, que son en total 17. O próximo 2 de xuño participarán en Vigo na xornada de "Balonmán na rúa" e nas Festas da Coca tamén realizarán partidos na rúa. No mes de xullo, uns 90 rapaces e rapazas dos equipos da SAR viarán a Portugal para participar na Paredes Cup.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: