www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

AER acusa ao PP de incrementar os impostos para financiar a suba do gasto corrente do Concello
Política • 22/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores asegura que nos oito anos de mandato, Javier Bas incrementou o gasto corrente do concello en 2,8 millóns de euros, o que supón un incremento dun 24%. Explican que para cubrir ese aumento de gasto "o goberno do PP subiu impostos, que no caso das plusvalías supuxo un incremento dun 682%" mentres que o "catastrazo " supuxo un aumento de recadación de máis de 300.000 euros no pasado ano. Aseguran tamén dende AER que "a maioría dos investimentos en infraestruturas feitos durante o mandato de Bas foron financiados con fondos conseguidos polo goberno anterior".


"O candidato Javier Bas anda a presumir nesta campaña da súa xestión económica" cando, segundo explican dende AER, os datos aseguran "xustamente o contrario" xa que logo de analizar as diferentes partidas conclúen que nos anos nos que a alcaldía estivo en mans do PP incrementouse notablemente o gasto corrente do concello e que, para financiar eses custes, dende o PP incrementouse a presión impositiva sobre os veciños.


Engaden ademais que "Javier Bas repite ata a saciedade que o goberno anterior deixou nun caixón facturas sen pagar. O que Bas non di é que o bipartito deixou bastante máis financiamento dispoñible que facturas pendentes, nin di que o PP gozou e gastou os créditos que pedira o bipartito" e poñen como exemplo os proxectos enmarcados no Marisma+,  impulsado polo goberno anterior de PSOE e BNG.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: