www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

Festival folclórico gastronómico no Piñeiral do Crego
Cultura • 23/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O sábado día 25 de maio a partir das 12:00 horas, a Asociación Cultural de Chapela, celebra un festival folclórico gastronómico con música da nosa terra. Grupos de gaitas, baile, pandeiretas e acordeóns amenizarán esta xornada musical, na que tamén a gastronomía terá o seu espazo. Os organizadores dedicarán esta edición á degustación do tradicional Chouripán e empanadillas caseiras en diferentes variedades.


O evento cultural e gastronómico desenvolverase nos exteriores do multiúsos do Piñeiral do Crego. Dende a Asociación Cultural convidan nesta xornada a todos os seus socios a unha consumición gratis,  recollendo o seu vale nas oficinas da asociación como data límite nax xornada de hoxe xoves 23 de maio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: