www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Sinha Paca denuncia que o PP incumpre a normativa en seguridade coa súa pantalla xigante
Política • 24/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Plataforma de Activistas Culturais e artistas de Redondela, Sinha PACA, entende que o PP está a incumprir as normas que o propio goberno de Javier Bas esixe aos colectivos culturais para conceder permiso aos eventos que organizan. Concretamente denuncian a precaria instalacións eléctrica da pantalla xigante con publicidade do Partido Popular que estes días ocupou a Praza de Figueroa e a Praza Alejandro Otero.


Explican dende Sinha paca que existen unha normas  que en moitos casos son imposibles de cumprir e levaron á desaparición de distintos eventos culturais de Redondela ao non seren quen os seus organizadores de adaptarse á normativa en seguridade. Neste sentido engaden "parece que para a colocación da publicidade electoral do Partido Popular non hai normas". Fan referencia concretamente á instalación eléctrica da pantalla xigante do PP na praza de Alejandro Otero cunha precaria instalación con cableado polo chan e enchufes ao aire que conectaban dita pantalla á praza de Reveriano Soutullo.


Explican finalmente dende Sinha PACA que non é o seu cometido valorar se é correcto que un partido político utilice un enganche ao alumeado público para se publicitar, tampouco se é correcto a ocupación do espazo público durante varios días, "son cuestións que pensamos que son cuestións que deberán denunciar os partidos políticos" pero si critican a falta de seguridade nesas instalacións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: