www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

A hostalaría e o comercio local diminúe os seus ingresos por mor da recesión económica
Sociedade • 29/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Bares, tendas de roupa, perruquerías, xoierías... e en xeral o comercio local experimentou nos últimos tempo unha redución nas vendas, algo que achacan á tan manida crise económica


Así o poñen de manifesto os propietarios e traballadores de diferentes locais da vila, quen afirman que nos últimos tempos teñen visto como as súas vendas diminuíron e como os seus clientes reduciron o número de consumicións e compras nos establecementos. Uns efectos que se notan por igual en tendas de roupa, kioskos ou mesmo perruquerías, onde constatan que a xente espacia o tempo entre corte e corte de pelo.


Tamén sofren esta caída nas vendas as xoierías. Parece que os veciños da vila optan por reducir os seus investimentos en productos de xoiería e incluso se ten incrementado o número de persoas que se dirixen a estes establecementos ofrecendo as súas xoias e obxetos de maior valor, nun intento de conseguir cartos en efectivo.


Pero son tal vez os bares e cafeterías os que máis acusan a situación. O número de clientes diminuíu notablemente nos últimos tempos, de feito na cafetería pastelería Cruceiro cifran esta diminución nun 50%, mentres que noutros locais o que máis notan é que os clientes reduciron o número de consumicións.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: