www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 19 de Novembro de 2019

O PP ratifícase na súa decisión de asistir aos actos relixiosos como grupo político
Política • 28/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Amosan o seu desacordo coa decisión do goberno local de non acudir en representación do Concello ás procesións celebradas nas pasadas festas da Coca e critican ao BNG por "querer impor os seus criterios políticos ante a realidade de que Coca e Corpus son unha data e unhas celebracións inseparables". Para a Popular Carmen Amoedo son "actos pagáns e relixiosos onde o concello debe estar representado".


Os populares contestan así ás críticas recibidas dende o BNG, quen en días pasados cualificaron ao PP de "incendiarios e irresponsables por pretender sacar tallada política" da decisión do resto dos grupos da corporación, aprobada en pleno, de non asistir en nome do concello a ese actos relixiosos.


Os concelleiros do PP eran os únicos membros da corporación que si aceptaban a invitación do Bispado para estar presentes nesas procesións como grupo políticos, postura que Carmen Amoedo defende porque "é absurdo querer apartarse da tradición e parécenos increíble que se nos critique por isto cando é unha tradición de sempre en Redondela".


Engadía que o "criticable é que por primeira vez o concello non estea representado neses actos" e aproveita para reiterar "a incoherencia da alcaldesa que fai unha ofrenda ante a Pregreina como deputada provincial e logo non acude a unha procesión na vila".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: