www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Debuta en Redondela a selección española no previo ao Mundial de balonmán junior
Deporte • 11/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O combinado nacional dirixido por Isidoro Martínez estrearase o sábado 13 de xullo (19:00 horas) no Pavillón da Marisma de Redondela contra Chile. Será un partido amigable ao tempo que unha proba fundamental para o seleccionador xa que lle permitirá medir o nivel competitivo dos seus xogadores uns días antes do inicio do Mundial de Vigo e Pontevedra 2019. O domingo o pavillón Manuel González Soto de Chapela acollerá ás 11:00 horas o partido entre Xapón e Arxentina.


A selección española forma parte do grupo A, mentres que Chile está encadrado no grupo D. Este choque tamén será unha magnífica oportunidade para que o público galego poida ver en acción aos hispanos. O acceso será gratuíto.


O combinado nacional, dirixido por Isidoro Martínez, chega mañá a Galicia para a disputa do Mundial, no que defende o título acadado hai dous anos en Arxelia. O combinado nacional de inicio é un dos favoritos para loitar polas medallas.


Ademais, ao día seguinte (domingo 14) tamén teremos a oportunidade de ver en acción a Xapón (que forma parte do grupo de España) e Arxentina (grupo D), que xogarán a partir das 11:00 horas no Pavillón Municipal "Manuel González Soto" de Chapela.


A federación Galega de Balonmán quere agradecer a boa disposición do Concello de Redondela, que dende o primeiro momento mostrouse absolutamente disposto a colaborar con nós para acoller estes dous partidos amigables, que serán o primeiro anticipo do Mundial.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: