www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Setembro de 2019

Goberno bipartito PSOE-AER: "Somos un único goberno que traballará por todos os redondeláns"
Política • 11/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A sinatura do pacto de goberno no que se establece o reparto de áreas e as asignacións económicas a cada concelleiro pecha un acordo que tanto PSOE como AER prevén estable para os vindeiros catro anos. "Un goberno bicolor, pero un só goberno" conformado por dez concelleiros cuxos principios programáticos buscan acadar "un Concello máis transparente e máis participativo, no que primen os servizos públicos, a igualdade, a equidade, a cultura local e o respecto ao medio ambiente. O pleno de organización será este venres ás 20:00 horas no Multiúsos.


O PSOE e a Agrupación de Electores de Redondela asinaron na tarde do martes o acordo polo que se artellará o goberno local para os próximos catro anos. Deste xeito, confórmase un goberno inédito ata o de agora no Concello de Redondela. Por unha banda, os socialistas recuperan a Alcaldía do cuarto municipio da provincia tras oito anos de goberno en minoría do Partido Popular. Para AER o fito é aínda maior xa que accede ao goberno por primeira vez na súa historia.


En canto ao reparto de áreas, a alcaldesa asume directamente Igualdade e Normalización Lingüística, Leonardo Cabaleiro será responsable de Seguridade, Interior e Patrimonio e María Castro Abad de Economía e Facenda, Urbanismo e Persoal.


O socialista Ignacio González asume Deportes e Xuventude e Marta Alonso Parques e xardíns. Pola súa banda Vías e obrase Feiras e mercados queda en mans de Vicente Lamas mentres que Olga Mª García Ballesteros será a responsable de Ensino e do Conservatorio


En canto aos tres concelleiros de AER, a súa cabeza de lista Susana Couñago será responsable de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación, Roberto Vilar presidirá a concellería de Medio Ambiente e Daniel Boullosa a de Cultura e Turismo.


O compromiso asinado inclúe tamén a creación de organismos de coordinación dun goberno que, sendo bicolor, pretende traballar de xeito conxunto e de forma transversal.


En canto aos gastos políticos (soldos, asignaciósn etc..) acordouse non superar a contía establecida no mandato anterior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: