www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

O novo semáforo da N-550 á altura do Muro xa está operativo
Sociedade • 12/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Dende hai días os veciños e peregrinos que transitan pola zona poden facer uso deste semáforo logo de que se procedera a súa instalación. Unha obra financiada polo concello de Redondela e xestionada polo anterior goberno que tivo un custe de 33.000 euros. Veciños a zona do Muro levaban anos reclamando a adopción desta medida que lles permita cruzar a estrada nacional de xeito seguro. Unha vía moi empregada tamén polos peregrinos que percorren o Camiño Portugués.


Os traballos para a instalacións deste paso de peóns regulado con dous semáforos na estrada N-550 consistiron na canalización subterránea das liñas eléctricas, o pintado dun paso de peóns e a instalación de dous semáforos con pulsador, para seren accionados polos usuarios. Asemade, colocaronse sinais verticais cumprindo a norma establecida en seguridade vial. A beirarrúa adaptarase para cumprir a accesibilidade suprimindo as barreiras arquitectónicas.


A instalación deste semáforo era unha demanda histórica. Xa os veciños da zona saíran á rúa tras varias mortes neste tramo reclamando os semáforos. Un medida tendente a mellorar a seguridade dos veciños da zona do Muro así como dos centros de peregrinos que percorren esta estrada que forma parte do Camiño de Santiago.


O orzamento ascendeu a 33.000 euros financiados integramente polo Concello de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: