www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 19 de Novembro de 2019

Concertos folc, rock e flamenco na fin de semana redondelá
Cultura • 2/08/2019
Autor: Ana Prieto

Hoxe venres celébrase o XX Festival de Artistas de Rúa, con seis actuacións e o monólogo de Luis Zahera, pero tamén un concerto de flamenco co grupo Pa Ti Na Ma, no Café Bar Rivas, na avenida Santa Mariña. O sábado Arealonga vibrará co Berete Rock, mentres Redondela se deleita co Festival de Bandas de Música. O domingo Chapela acolle o concerto do grupo folc Lenda Ártabra.


Unha das citas do verán é o Festival de Artistas de Rúa, que se completa hoxe coas propostas da Asociación de Empresarios cunha "shopping night" que ofertará descontos de ata o 70%, desfiles itinerantes e propostas de street food, que rematará co monólogo do actor Luis Zahera na praza da Casa da Torre. Pero non é a única proposta para esta noite en Redondela. Os amantes do flamenco teñen unha cita na avda. Santa Mariña. O Café Bar Rivas acolle o concerto de Pa Ti Na Ma ás 22.30 horas. Fran Vazquez e Perico Castro son os compoñentes deste grupo no que se unen Galicia e Andalucía.


Berete Rock en Arealonga


Vhäldemar será o cabeza de cartel do certame o sábado día 3 no paseo marítimo de Chapela. No festival estarán tamén outras bandas de música heavy e rock como son Cherokee, Doc7ors, Calle de ruído e Collón de Lola a partir das 21.30 horas, con entrada de balde.


Festival de Bandas de Música


A praza da Casa da Torre acolle o sábado ás 22.00 o certame organizado polo Concello en colaboración coa Escola de Música de Chapela


Lenda Ártabra


A música folc chegará o domingo á Alameda Rosalía de Castro de Chapela da man de Lenda Ártabra. O grupo ferrolán aposta por un espectáculo completo que representa a riqueza cultural que ten Galicia. Ás 22.00 horas con entrada de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: