www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

Redondela declara dous días de loito oficial polo pasamento do ex alcalde Amado Ricón
Institucional • 7/08/2019
Autor: Ana Prieto

Amado Ricón Virulegio, o que fora alcalde de Redondela entre os anos 1996 e 1999, faleceu hoxe na súa vila natal, á idade de 85 anos. O Concello de Redondela decretou dous días de loito oficial, e suspende as actividades programadas. Mañá ás 12.00 celébrase un concentración cun minuto de silencio na súa honra.


Emigrado aos Estados Unidos en 1958, Amado Ricón foi profesor da  Universidade de Nova Iork, onde presidiu tamén a Casa de Galicia. Unha vez xubilado, en 1992, retornou a Galicia. Entrou en política da man do PPdeG, e foi alcalde de Redondela entre 1996 e 1999. Foi tamén deputado provincial e presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Especialista na obra literaria de Eduardo Pondal, recibiu a Medalla Castelao en 1993.


O cortexo fúnebre sairá ás 16.30 horas do xoves desde o Tanatorio Tanamañó cara o cemiterio de San Pedro de Cesantes. Posteriormente, ás 18.00 horas, celebrarase o funeral na igrexa de Santiago de Redondela.



Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: