www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Tanxarina recibe no Salvador un premio pola súa traxectoria internacional no FIT-Ocelot
Cultura • 9/08/2019
Autor: Ana Prieto

A compañía de monicreques de Redondela foi a encargada de inaugurar o festival internacional do Salvador o pasado mes de xullo. O premio é un recoñecemento a Tanxarina polos seus máis de 30 anos de traxectoria como referente no labor e difusión do teatro de títeres.


A Asamblea Lexislativa da República do Salvador e FIT-Ocelot outorgaron o diploma a Tanxarina na categoría "Traxectoria Internacional", a máis alta do festival internacional de Títeres FIT-Ocelot 2019. A compañía de Redondela foi a encargada de inaugurar o festival, a finais de xullo, co seu espectáculo "Titiricircus". No certame participaron tamén compañías de México, Chile, Guatemala, Colombia e Francia.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: