www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

A II Romaría Cultural Sinha Paca quece motores con concertos en rúas e prazas
Cultura • 3/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Chá, Cerveja e Violao, Los fabulosos Zebulones, Whalter Mathaus e Sofía Espiñeiras son as propostas musicais que se van desenvolver dende mañá mércores e ata o venres en diferentes espazos da vila. Actuacións que supoñen o preludio da II Romaría Cultural que terá lugar o sábado nas antigas Casas dos Mestres. Unha xornada chea de actividades con zancudos, xogos populares, pregón a cargo da artista local Chelo Rielo e moita música. A plataforma Sinha paca decidiu suspender o concerto de hoxe en solidariedade coa familia e amigos da moza que falecía esta mañá tras precipitarse dende o viaduto.


A segunda edición da Romaría Cultural Sinha Paca celébrase este sábado día 7 de setembro con actividade no entorno das antigas Casas dos Mestres dende as 11 da maña ata a madrugada. Pasarrúas acompañados de zancudos e veciñas percorreran a vila para rematar no torreiro da festa, onde se dará o pregón, a cargo da artista e veciña, Chelo Rielo.


Os asistentes poderán adquirir produtos artesáns nun mercadiño montado para a ocasión e a sesión vermú contará coa actuación do grupo local 33RPM. Logo do xantar popular ao que poderán sumarse todos os que o desexen, haberá xogos populares para as crianzas, música do Dj Hedra Velenosa e actuación de Sonsoles Penadique e Carlos Quintá co disco "o Cantigueiro de Cotobade".


De seguido e por segundo ano consecutivo celebraranse as Regueifas-Rap e xa pol noite subiranse ao escenarios os grupos "Patri and the Pool Boys", "Paciencia Paradise" e para rematar cos rapeiros "Globersmokers".


Unha festa cultural que chega precedida das novenas, actuacións musicais que dende o pasado venres están a amenizar diferentes puntos da vila.


Este mércores a cita será na rúa pai Crespo co grupo Chá, cerveja e violao, o xoves actuarán Los fabulosos Zebulones na rúa Meixón Frío, o venres os Walter Mathaus actuarán as 13:00 horas nos soportais do Concello e, xa as nove, actuará na rúa Prata Sofía Espiñeira. Unhas propostas musicais que son posibles grazas á colaboración de diferentes locais de hostalería de Redondela  así como dos colectivos integrantes da Plataforma Sinha Paca.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: