www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Redondela distribúe exemplares de Estirpe de Méndez Ferrín entre as bibliotecas galegas
Cultura • 4/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela, logo de distribuír entre a veciñanza e bibliotecas municipais, enviou exemplares do libro Estirpe, de Xosé L. Méndez Ferrín (reeditado este ano por iniciativa municipal), a varias bibliotecas de Galicia que carecían deste título, tan importante para a literatura contemporánea. Foron arredor de vinte bibliotecas municipais, de toda Galicia, as que recibiron este agasallo: Lalín, Rianxo, Ribadeo, Monforte de Lemos, Riveira ou Celanova, entre outras.


Con esta iniciativa, o concello manifesta o compromiso coa cultura e lingua galegas como un sinal de identidade da vila. Ademais, reiteran dende o Servizo de Normalización Lingüística que é necesario que dende a Administración local se fomente un circuíto de distribución de libros promovidos polos concellos para evitar que, en ocasións, "acaben en caixas sen saída nin mellor sorte".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: