www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Os acaldes de Fornelos de Montes e Soutomaior reúnense coa delegada da Xunta en Vigo para pór en marcha a área metropolitana.
Institucional • 29/07/2009
Autor: Lorena Otero

Nesta primeira xuntanza Lucía Morales e Norberto Uzabal consultarán aos rexedores locais sobre as competencias que poderían ser xestinadas pola nova entidade supramunicipal.


Lucía Morales e o director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, reunirase este xoves 30 de xullo con Serafín Martínez e Agustín Reguera na primeira rolda de xuntanzas cos alcaldes dos concellos que formarán parte da futura área metropolitana de Vigo. O obxectivos destas consultas é coñecer as opinións e suxestións dos concellos implicados para a redacción dun novo proxecto de Lei de Área Metropolitana de Vigo que conte coa aprobación dos seus membros.

O punto de partida das negociación será o proxecto de lei que fora aprobado polo Consello da Xunta a comezos do ano 2005 e que quedara paralizado polo cambio de Goberno. Ademais dos alcaldes de Fornelos de Montes e Soutomaior, este xoves a delegada territorial en Vigo e o director xeral de Administración Local tamén se reunirán co rexedor local de Moaña, Xosé Manuel Millán. 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: