www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O paro rexistrado sobe en 78 persoas en agosto
Sociedade • 4/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela e a súa comarca non son unha excepción e experimentan co remate do mes de agosto un repunte no número de desempregados respecto do mes anterior. Nos catro concello que conforman a bisbaran foron un total de 122 as persoas que se inscribiron nas listas do paro.


Un mes que non é precisamente bo para o emprego co punto e final dos contratos do verán que supoñen todos os anos unha caída no número de contratacións e o retorno as listas do paro dos que lograron un contrato en período estival.  No caso de Redondela foron 78 as persoas que se inscribiron novamente nestas listas que, segundo os datos da Consellería de economía e emprego, contabilizan 1611 desempregados. No caso de Soutomaior o incremento  foi de 21 persoas cun total de 550. Máis paro tamén en Pazos de Borbén con 241 persoas desempregadas, 18 máis que no mes anterior. Finalmente, en Fornelos a variación foi de 5 novos inscritos cun total de 123 persoas en situación de busca de emprego.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: