www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Susto en Ventosela por un lume que se producía na tarde do sábado ao carón das viviendas
Sucesos • 9/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

As altas temperaturas e a situación de seca das últimas semanas mantén en alerta aos servizos de extinción de incendios así como aos servizos de emerxencia de Redondela para tentar evitar que se produzan lumes ou, no caso de que se detecten, proceder a súa inmediata extinción. Así o explica o edil de interior Leonardo Cabaleiro, quen confirma que este sábado ás 16.30 horas se producía un pequeno lume nunha leira en Vilar do Mato en Ventosela. Malia a proximidade ás vivendas asegura que en ningún caso correron perigo grazas a que o lume foi rapidamente sufocado.


Pasadas as 16:30 horas da tarde do sábado axentes da Policía Local interviñan neste incendio en Ventosela xunto cos propio veciños da zona que actuaron rapidamente pola proximidade as vivendas. No lugar, tamén interviu unha motobomba, unha brigada forestal, un axente forestal e membros de Protección Civil.


Explica Cabaleiro que nestes días atopámonos en risco extremo de incendio polo que se mantén tanto a policía local como a Protección Civil en alerta realizando pasadas preventivas polas zonas forestais. Pídese tamén a colaboración cidadá para que no caso de observar ou presenciar calquera incidencia chamente ao teléfono da policía 986402610, o 091 ou ben ao 112.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: