www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Choco suma e segue
Deporte • 9/09/2019
Autor: Ana Prieto

O equipo de Gonzalo Fernández está a protagonizar un arranque de liga espectacular con sete puntos en tres partidos coa última vitoria ente o Polvorín. No resto de categorías do fútbol Atl. Vilar e Chapela estrearon temporada con triunfo, mentres que Arcade, Cesantes e Nespereira non foron quen de sumar na primeira xornada.


Terceira División


Choco 3-2 Polvorín


O equipo de "Gonza" sumou o seu segundo triunfo consecutivo á conta do Polvorín, que reaccionou aos dous goles locais e empatou o partido na segunda metade. Pero o sprint final dos redondeláns fixo posible a vitoria e sumar sete puntos nas primeiras tres xornadas de liga. Yeray e Sergio Santos, que anotou nada máis comezar a segunda metade, encarrilaron o partido para os locais. Pero Manu Núñez e Rayco empataron o choque en tan só oito minutos. Foi Félix o que finalmente como salvador co 3-2. Logo ao Choco tocoulle sufrir para defender o resultado en inferioridade numérica pola expulsión de Caloi. E conseguírono grazas ás accións de Cortegoso. O Choco mantense invicto e sobe á terceira posición da táboa. Na próxima xornada visitan o campo do UD Ourense, 6º clasificado.


 


Choco: Cortegoso; Mario, Yago, Aitor Cañedo, Jacobo Lazcano; Yeray, Sergio Santos (Rancaño, min. 78), Caloi, Monchito (Tomás Abelleira, min. 60); Félix (Alberto Suárez, min. 73) e Adrián.


Polvorín: Anxo Fraga; Varo (Matías, min. 67), Jesús, Nico, Martín (Arón, min. 81); Manu Núñez, Vidal, Álex Rei; Morais, Christian (Chiqui, min. 46) e Rayco.


Goles: 1-0, min. 26: Yeray; 2-0, min. 46: Sergio Santos; 2-1, min. 55: Manu Núñez; 2-2, min. 63: Rayco (min. 63); 3-2, min. 69: Félix.


Árbitro: Alcalá Rei (Santiago). Expulsou por dobre amoestación ao xogador do Choco Caloi (min. 86). Amoestou aos locais Yeray, Jacobo Lazcano e Alberto Suárez e ao visitante Nico.


Primeira Autonómica



Arcade 1-2 Umia


Na próxima xornada visitan o campo do Tyde, que gañou na estrea ligueira no campo do Castrelos.


Segunda Galicia



Domaio 2-1 Cesantes


Na próxima xornada xógase o Cesantes-Atl. Faxilde. O rival tamén comezou con derrota ante o Cerponzóns.


Atl. Vilar 1-0 Louro Tameira


Os de Vilar estreáronse con vitoria no campo de San Martiño. O próximo domingo xogará no campo do Ribeira, que tamén comezou con vitoria en Gondomar.


Terceira Galicia



Moledo 0-4 Chapela


O Chapela comeza a liga como líder logo da vitoria no campo das Relfas con goleada. Na próxima xornada estrea temporada na casa ante o Sampaio, que comezou con empate no partido co Apóstol.


San Roque Casablanca 4-2 Nespereira


Na próxima xornada disputarán o primeiro partido de liga na casa ante o Peñasco, que tivo xornada de descanso no arranque de liga.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: