www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Intentan roubar unha letra de pedra dunha rotonda en Chapela
Sucesos • 16/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Sorprendente intento de roubo en Chapela o que tería acontecido esta fin de semana. Así o publican a través das redes sociais os responsables dos obradoiros de emprego, quen denuncian que nas últimas horas algún delincuente tería intentado levarse unha das pedras ornamentais que adornan a rotonda que se atopa na N-552 na entrada a AP-9.


A coñecida rotonda que ten como elemento máis salientable un berete elaborado en pedra foi vítima nas últimas xornadas dun intento de roubo. Algún individuo tentou levarse unha das letras que conforman a palabra Chapela e que completan a decoración ornamental esta rotonda.


Finalmente, a persoa ou persoas que tentaron levar esa "L" desistiron ao non ser quen de arrancala xa que segundo explican dende o obradoiro de emprego "non puideron levar porque están ancladas a unhas baleas moi longas e inclinadas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: