www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Os últimos asasinatos constatan a necesidade de declarar a "emerxencia feminista"
Sociedade • 19/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ducias de veciños e veciñas sumáronse na tarde de onte á concentración convocada polo Colectivo Feminista Paxaretas en repulsa polo triplo asasinato de Valga ao que se sumaba, horas despois, unha nova vítima da violencia machista en Madrid. Unha concentración en lembranza das asasinadas e na que se escoitaron tamén reivindicacións porque "é preciso actuar deforma contundente para poñer freo a violencia de xénero". As mobilizacións continuarán mañá venres cunha protesta nocturna que se celebrará conxuntamente en varias cidades e que en Vigo terá lugar ás 21:00 horas na praza da Pedra.


"Estamos ante unha emerxencia feminista que non se afronta con minutos de silencio, precisamos unhas institucións competentes e reactivas" así o recolleron no seu manifesto as integrantes de Paxaretas que unha vez máis volveron saír a rúa, xunto con ducias de veciños e veciñas, para berrar contra a violencia machista que nas últimas xornadas se cobrou a vida de 4 mulleres "en Valga foron Sandra, Alba e Elena quen perdían a vida logo de seren disparadas por José Luis Abet e tan só 24 horas despois outra muller era asasinada en Madrid, unhas mortes que chegan logo dun verán cheo de asasinatos e delitos machistas o que nos leva a declarar a "emerxencia feminista" e esixir o fin das violencias de xénero e a implicación das institución e o Estado nesta loita.


As protestas non se paran aquí, mañá mesmo hai convocada unha mobilización nocturna que iluminará de violeta ducias de cidades para reclamar medidas contra a violencia de xénero. Dende Paxaretas animan á cidadanía a acudir á marcha que en Vigo sairá ás 21:00 horas do venres dende a praza da Pedra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: